martes, 5 de marzo de 2024

RECIBIMOS AS NOSAS PRIMEIRAS BIBLIOTECAS HUMANAS

Para celebrar o día da Paz (30 de xaneiro) levamos a cabo unha actividade denominada "Bibliotecas Humanas" dentro do proxecto Etwinning "Bibliotecas escolares. Relatos e retratos de paz".

Esta actividade consiste en que persoas as que lles tocou vivir experiencias tan duras como escapar dunha guerra, dunha matanza, adaptarse a unha nova realidade, nos contan as súas vivencias.

Recibimos en primerio lugar a dúas rapazas que fuxiron da guerra en Ucraína, logo a unha muller procedente de Ruanda que tivo que refacer a súa vida e a vida dos seus fillos nunha sociedade nova, con novas costumes e novo idioma. Por último recibimos á nai dun alumno de orixe palestina, que nos falou das consecuencias da invasión que está tendo lugar ahora en Gaza, e tamén da súa experienci como refuxiada.



lunes, 5 de febrero de 2024

BIBLIOTECAS HUMANAS NO IES AFONSO X O SABIO

 

Nun festival danés do ano 2000 comenzaron a levarse a cabo actividades denominadas BIBLIOTECAS HUMANAS, nesta actividade os seres humanos establecen comunicación con xente que por algún motivo está estereotipada para, a través do coñecemento mútuo, romper con eses estereotipos.

Durante este curso 2023-2024 establecimos contacto con dous centros educativos italianos, un centro belga, un centro portugués e outro polaco para levar a cabo esta actividade a través dun proxecto Etwinning chamado "Bibliotecas humanas. Relatos e retratos de paz". O tema central será a reflexión sobre a paz.



Os centros cos que colaboramos son os seguintes:

ITALIA: 

ISIS "Da Vinci-Carli-De Sandrinelli" TRIESTE

ISIS "Carducci-Alighieri" TRIESTE

IIS Gaetano De Sanctis - Roma

PORTUGAL: Agrupamento de Escolas Dr. Júlio Martins, Chaves

BÉLXICA: ATHENEE ROYAL de BEAUMONT

POLONIA: Gminne Centrum Edukacji w Wawrzenczycach, Polonia